En Gadoupas ofrecemos distintos bonos de estancias semanais, de dez días... tanto en habitación individual como compartida, esta última opción recoméndase cando dous cans, por exemplo, están afeitos a vivir xuntos.
Tamén te ofrecemos a posibilidade de deixar as túas mascotas en Gadoupas para pasar unha estancia de rehabilitación dunha lesión, aplicación de tratamentos ou curas, cando por medios persoais ou técnicos te resulte imposible levalos diariamente á clínica.
En canto á alimentación, na nosa residencia, contamos cunha ampla gama de pensos de alta calidade, fisiolóxicos e adaptados ás necesidades especiais. Se o desexas podes traernos ti o pienso que está afeito a comer o can para que note menos diferenza.