Veterinarios ao coidado da túas mascotas en Lugo

Prestamos asistencia sanitaria completa

Na Clínica Veterinaria Friol, de Lugo, somos conscientes de que para ti, a túa mascota é un membro máis da familia, por iso ofrecémosvos, a ambos, un ambiente cálido e amigable, así como unha asistencia sanitaria completa e de calidade.

As profesionais que formamos a Clínica Veterinaria Friol esforzámonos día a día para mellorar. Queremos que o noso traballo e ilusión se vexa recompensado coa túa confianza e a da túa mascota.

Veterinarios al cuidado de tus mascotas en Lugo

O noso equipo

A Clínica Veterinaria Friol está formada por un equipo multidisciplinar que traballa diariamente para conseguir os mellores resultados clínicos para as túas mascotas e animais. Coñecemos as novas técnicas e avances no sector para ofrecer un servizo de calidade, sexa cal sexa a dolencia ou problemática do animal.

O obxectivo da nosa clínica é a satisfacción do paciente e dos seus donos, para iso, ademais de utilizar as mellores técnicas tamén ofrecemos un trato agradable e cercano para que o animal non se sinta incómodo nin estresado en ningún momento.

Coidamos da túa mascota igual que o farías ti!

Coñécenos

Consejos de cuidados

Consello de coidados

Visita a nosa exposición e bota unha ollada a todos os produtos que temos para as túas mascotas. Tamén podes achegarte a visitarnos se tes algunha dúbida que poidamos resolverte.

Urgencias 24 h

Urxencias 24 h

Estamos dispoñibles 24 h ao día xa que nunca se sabe cando pode pasar algo que require unha visita á clínica.

Grandes animales

Animais grandes

Na Clínica Veterinaria Friol tamén nos ocupamos de vacas, cabalos, porcos... Trasladámonos a domicilio para tratar as enfermidades e doenzas do teu animal.

Residencia de mascotas

Residencia de mascotas

Se queres ir de vacacións non terás que preocuparte sobre que facer coa túa mascota xa que temos unha residencia con todas as comodidades para ela.

As nosas instalacións

Novas e innovadoras

Contamos con instalacións novas e innovadoras para poder realizar todo tipo de probas e de diagnósticos. Na Clínica Veterinaria Friol pomos a túa disposición e a da túa mascota, a tecnoloxía máis avanzada en radiografía dixital, ecografía ou monitorización.

Grazas aos avances técnicos e ao bo facer de todos os profesionais e especialistas que formamos parte deste proxecto, podemos darlle os mellores coidados aos animais.

Asistencia sanitaria para mascotas

Ampla gama de servizos

Na Clínica Veterinaria Friol estamos orgullosos de poder proporcionar unha ampla gama de servizos de asistencia sanitaria para todo tipo de mascotas. Podes acudir a nós para que lle fagamos un chequeo completo á túa mascota ou lle vacinemos, ou intervencións máis complexas como realizarlle unha operación ou extraerlle algunha peza dental.

Confía nos profesionais da Clínica Veterinaria Friol!

Pide unha cita

Tratamientos a grandes animales

Tratamentos a grandes animais

Dispoñemos de profesionais altamente cualificados con máis de 15 anos de experiencia en diagnóstico e tratamento de enfermidades en animais de gran tamaño.

Desenvolvemos programas sanitarios para a prevención de enfermidades en explotacións gandeiras, realizamos cirurxías a grandes animais e visitas periódicas a granxas de vacas para prestar asesoramento aos seus donos.

Tes unha explotación gandeira e queres que profesionais coiden dos teus animais? Chama a Clínica Veterinaria Friol.

Chámanos

Residencia Gadoupas

Residencia Gadoupas

Na nosa residencia Gadoupas temos catorce amplas habitacións con saídas ao exterior para que o teu can se sinta coma na casa e non te bote tanto de menos cando estés de viaxe.

Atendemos aos animais con todo o cariño do mundo e incluso hai posibilidade de que conten con rehabilitación ou tratamentos especiais na súa estancia. Se queres saber máis sobre os nosos servizos, pónte en contacto connosco.

Contamos con servizo de recollida e entrega a domicilio xa que dispoñemos de medios de transporte adaptados para trasladar animais con total seguridade.

Consulta dispoñibilidade

Laboratorio propio

Laboratorio propio

Ao ter un laboratorio propio e totalmente equipado, temos os resultados das probas moito antes.

Hospitalización

Hospitalización

Dispoñemos de dúas salas con dez boxes para atender aos nosos pacientes. Todas cun ambiente agradable e seguro.

Medicina Preventiva

Medicina Preventiva

Dende vacinas rutineiras a desparasitacións ou identificacións por microchip, ademais dun asesoramento completo.

cografías y radiografías

Ecografías e radiografías

Temos para a túa mascota a tecnoloxía máis avanzada en diagnóstico por imaxe. Veremos facilmente se hai algún dano para poder intervir.

Visita as nosas redes sociais

Facebook

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.